vc


Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.

viernes, 9 de diciembre de 2011

ESQUERDA UNIDA OPONSE AO COBRO NOS HOSPITAIS

Esquerda Unida opónse ao cobro das estadías dos pacientes nos hospitais. O pobo galego precisa un presidente da Xunta que, en vez de mostrarse aberto a "estudar" una taxa aos pacientes polos gastos non sanitarios derivados da súa estancia no hospital como poden ser as comidas ou as duchas, impulse unha asistencia sanitaria universal, pública e gratuita.

Un hospital non é unha pensión e a hospitalización dun paciente é necesaria para a prestación dunha correcta asistencia sanitaria. As persoas son hospitalizadas porque están enfermas, non para estar de vacacións nin para aforrar o diñeiro da comida e a ducha que gastan na casa.

Estas declaracións, unidas as recentes medidas adoptadas pola Xunta de Galicia como o bloqueo da tarxeta sanitaria ás persoas que leven máis de 12 meses desempregadas, ou a necesidade de levar máis de 6 meses enpadroado en Galicia para ter acceso á asistencia sanitaria, evidencian as verdadeiras intencións antisociais do PP que toma o relevo do PSOE, para desmantelar o pouco que queda do estado do benestar. O pistoletazo de aceleración dérono vai uns meses co reformazo antidemocrático da constitución.

Esquerda Unida chama á mobilización sostida na defensa dunha sanidade pública e gratuita, prestada sen excepcións con medios públicos, para o que é necesario a reforma da lei de saúde aprobada durante o bipartito.

Vigo, 8 de decembro de 2011