vc


Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.

domingo, 29 de diciembre de 2013

15º Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros


15º Encontro Internacional
de Partidos Comunistas e Operários

8-10 NOVEMBRO 2013, LISBOA
 

jueves, 26 de diciembre de 2013

Lo de Amnistía Internacional supera la mayor de las devergüenzas


.Ahora, el 23.12.13, nos viene Amnistía Internacional con lo siguiente, mirando hacia otro lado ante la brutal violencia de los fascistas ucranianos,  y ante la intromisión occidental en un asunto propio de la soberanía ucraniana. (máis...)

miércoles, 18 de diciembre de 2013

SOBRE LA CONSULTA PEL DRET A DECIDIR A CATALUNYA (cat/cast)

La separació per la separació és una idea reaccionària, ja què en el nostre cas concret, Catalunya, constituint-se en un Estat independent, sortiria d’una òrbita d’explotació nacional per a caure dins d’una altra igual o pitjor (…) La separació per la separació no resol el problema nacional, perquè la continuïtat de l´imperialisme comporta l’opressió nacional, progressiva, inclús d’aquelles nacions que un dia van ser independents i sobiranes.
Joan Comorera
                                                           (máis...)

martes, 19 de noviembre de 2013

CARMEN IGLESIAS NA CARROZA MEDIÁTICA


Por Román Alonso Santos*
Afirma Inma López Silva na súa columna da Voz de Galicia do pasado día 15, respecto de Carmen Iglesias Sueiro, que nunha multitude idiotizada – refírse a AGE- sempre hai un neno clarividente – refírse a Carmen - disposto a demostrar que o rei vai espido”.
Inma non debía estar moi segura do que dicía, porque advírtenos previamente que ela é escritora e non parlamentaria.
Por miña parte, sin ser escritor, véxome animado a redactar algo de sentido diferente.

Empezarei contextualizando que Inma súbese a carroza florida na que certos medios auparon á política ourensana - da que segundo Inma ¡ninguén fala! - acompañándoa con certas coplas. Nunha estrofa argumental preséntase a Carmen como unha vítima dun perverso sistema no que os partidos políticos – todos sen distinción- funcionan coma unha especie maquinarias inhumanas que asoballan dereitos persoais, sempre magnánimos.
Non se aclara que Carmen é unha simple tránsfuga que se desvincula da disciplina da formación política, Esquerda Unida, gracias á cal se colocou de número dous na candidatura por Ourense. Que o fai por motivos tan pouco desinteresados como aumentar os seus ingresos cunha boa paga de deputada ou darlle pábulo ó seu ego.

Na seguinte copla insinúase que AGE presentouse coma unha especie de alternativa antisistémica e agora demostraríase que non é máis que un partido máis, estariamos ante “una pérdida brutal de la inocencia del llamado frente antisistema”. Que polo tanto debe pedir perdón por ter acusado ós demáis de certas perversidades inespecificadas.
Especifiquemos nós que AGE presentouse nas eleccións non como anti-partido, senon como anti- sistema capitalista, porque sabemos, coma todos os que saben do asunto, que a crise que padecemos, coas secuelas de paro e mortes anticipadas, non é duns politicos corruptos, inda que tamén, senon do propio sistema capitalista inicuo en sí mesmo.
A diferencia de AGE respecto dos demáis partidos do arco é a priorización dos intereses da clase obreira de do pobo en xeral fronte ás privatizacións, recortes sociais e caciquismo. Nese camiño está o léxítimo acordo unitario de coalición, que toda militante cabal debe aceptar disciplinadamente.

Nunha terceira estrofa considérase un caso de corrupción imperdonable que o deputado ourensán Fernández Calviño se desprazara a traballar a Dinamarca, mantendo a acta de deputado e perdendo lóxicamente gran parte dos seus honorarios, inda que provisionalmente, mentras se intentaba que Carmen desistira da súa teima.
A veces critícase que moitos politicos o sean profesionalmente, coma unha especie de desertores do traballo normal, e agora que un deputado pode simultanear traballo e parlamento, temos un rasgamento de vestimentas: que si defrauda ó electorado, din os que non o votaron, como se os votantes de AGE preferiran no parlamento a unha tránsfuga; que si debe patear a provincia, como si as estructuras de AGE non o fixeran, coma si non existira internet.
Aproveitando que a carroza pasa cerca da sua casa, o BNG reclama a acta de concellal de Calviño, equiparando o transfuguismo cunha excisión partidaria e o PP intenta xustificar a súa reducción dos membros do parlamento.

Non sei si con estas notas de réplica queda máis claro quén está espido, espida ou radiografiada nesta historia, si Carmen, si AGE ou certo periodismo. Pode que Carmen sexa a máis lista da coalición, pero con xente únicamente lista non se constrúe unha sociedade máis agradable. Listos tamén son os banqueiros que saquean ó pobo coa colaboaración imprescindible dos partidos do sistema e xa vemos por onde nos levan. Para cambiar o mundo precisamos xente boa, xenerosa, solidaria e fiable.

* Román Alonso, ex-coordinador comarcal de Esquerda Unida en Vigo.

domingo, 17 de noviembre de 2013

El dilema imposible de la socialdemocracia europea

La tradición socialdemócrata suele defender, una vez abandonado el objetivo del socialismo, que es posible vivir bajo un capitalismo de rostro humano. (máis...
)

jueves, 14 de noviembre de 2013

Maduro cumple: golpea a la burguesía vendepatria

¿Se ha vuelto loco el presidente de Venezuela Nicolás Maduro al ordenar la drástica rebaja de los precios de infinidad de productos, intervenir cadenas de tiendas, detener gerentes especuladores y asignar a la guardia popular la misión de cuidar el orden de esta operación? (máis...)

sábado, 9 de noviembre de 2013

CARMEN IGLESIAS SUEIRO, TRÁSFUGA INTERRUPTA


Por Román Alonso
A negociación para a constitución de AGE fíxose contra reloxio en setembro de 2012. Un pacto destas características entre EU e ANOVA requiría un tempo, porque nas organizacións democráticas compre explicarse ben internamente, non can os acordos coma a chuvia. Para que unha proposta prospere no Consello Político Nacional de EU, compre convencer; en ANOVA que inda non tiña vai un ano as súas estructuras organizativas tan estructuradas, máis do mesmo. Un dos motivos do PP para adiantar as eleccións foi impedir que o pacto de AGE puidera levarse a cabo.

Nos estatutos de EU esíxese ademáis un referendum interno que se realizou a toda presa, porque os prazos legais para presentar a candidatura ante a xunta electoral eran perentorios.
Toda a militancia de EU sabiamos, cando votamos que na confección das listas intentábase un equilibrio ó 50% entre EU e ANOVA. Logo os resultados electorais reais alteraron lixeiramente este equilibrio. Carmen Iglesias sabíao cando votou a candidatura.

Os estatutos de Esquerda Unida establecen que os cargos públicos pertencen á organización e non as persoas particulares que os desempeñan. Entre os deberes de calquera afiliada-o indícase o de manter permanentemente calquera cargo público ou responsabilidade orgánica a disposición do órgano polo que foi elexida. Os candidatos e candidatas de EU foron aprobados-as polo Consello Político Nacional, o mesmo que agora lle pedíu que cedera o posto.
Carmen Iglesias sabíao cando aceptou ir de candidata por EU.

Desentenderse dos seus deberes en relación coa organización política que lle facilitou o acceso a unha cargo público chámase transfuguismo.

EU e AGE, de común acordo, deben intentar impedir que se consume este descolgue dunha candidata respecto dos seus compromisos persoais e políticos. A lexislación electoral vixente e a normativa do parlamento galego, elaboradas polo PP, permiten e non impiden que un deputado teña a súa residencia fora de Galicia, que compatibilice o seu traballo coa súa laboura parlamentaria.

Polo tanto é moi probable que poida interrumpirse un delito político de transfuguismo, bocinado e bendecido a todo watio por certas industrias da información e políticos oportunistas que babean inquina e mexan auga bendita de preocupación pola merma de adicación de David ó desempeño como deputado.

Así pois, sentimos moito que non se cumplan os seus desexos destructivos sobre AGE, poden vostedes berrar, patexar e coucear, pero en EU e AGE non mandades, porque a nosa vida é nosa e da xente que nos deu a súa confianza.

Dito isto, envíolle un sinceiro saúdo a Carmen Iglesias e a miña solidariedade no persoal, xa que no político errou, porque malos dias témolos calquera.

Galicia, 10-11-2013

viernes, 8 de noviembre de 2013

"CCOO no ha cometido ninguna ilegalidad ni hay indicios de enriquecimiento personal de ningún responsable sindical"

El sindicato presenta las conclusiones de la Comisión de Investigación interna sobre los ERE fraudulentos en Andalucía (máis...)

miércoles, 30 de octubre de 2013

Documental sobre Bielorrusia (1ª parte)

Documental realizado por el canal “Krasnaya Linia” (creado por el PCFR), que nos acerca a la realidad de la pequeña Bielorrusia. Lo he dividido en dos partes de unos 13 minutos. En esta primera parte se centran en enseñarnos como Bielorrusia ha sabido mantener todo lo mejor del sistema educativo soviético. Un sistema que también incluía (y sigue incluyendo en Bielorrusia) la educación en valores patrióticos, la preparación para la defensa de la patria, en el conocimiento, respeto y orgullo por los logros del pasado.(máis...)

lunes, 30 de septiembre de 2013

ELECCIÓNS AUTÁRQUICAS EN PORTUGAL 2013

 A CDU (PCP, PEV, ID) única formación política que aumenta en votos respecto de 2009.

 Crecen tamén as candidaturas independentes á calor do descrédito dos partidos gobernantes.

Um conjunto de resultados de inegável valor, importância e significado.

Resultados totais 

viernes, 30 de agosto de 2013

TAMBORES DE GUERRA CONTRA SIRIA

 EEUU e caniches menores constitúense en acusador, fiscal, xuiz e verdugo respecto dun suposto episodio militar ocurrido na periferia de Damasco con armas químicas.
Os medios mercenarios mundiais alinéanse desvergonzadamente.
(máis...)

martes, 14 de mayo de 2013

NACIONALISMOS DE GRANDE E PEQUENA NACIÓN EN ESPAÑA



Por Román Alonso*

Estamos inmersos nunha crise capitalista sistémica que está exacerbando de xeito novedoso a confrontación capital-traballo en países da UE, con especial virulencia no sur. A resistencia obreira toma forma de grandes mobilizacións de masas e desgaste das formacións políticas tradicionalmente  dominantes.
Antes da crise parecería que as operacións de saqueo de recursos naturais estratéxicos polos monopolios e poderes financeiros multinacionais  e as consecuentes  batallas  políticas ou de guerra aberta contra a desposesión eran cousa de Medio Oriente, África ou Latinoamérica.  A resistencia antiimperialista politicamente predominante nestas zonas adoptou unha forma de resistencia nacional  soberanista que solapa a continua loita de clases. Esta compoñente nacionalista  antiimperialista constátase  en Cuba, Siria, Venezuela ou Irán, por poñer  exemplos moi distintos e distantes pero unidos pola súa condición de tanques de primeira liña que acaparan as maiores doses de intervencionismo e odio mediático imperial, porque alí non teñen acollida os dictados do FMI, da UE ou da OTAN.

Aquí e agora en Europa os capitalistas pretenden que a depreciación dos capitais inherente ás fases recesivas, por exemplo dos  activos  inmobiliarios,  ou depreciación por simple redución da taxa de ganancia sean soportadas ou compensadas polas capas populares.  O instrumental é variado: recortes sociais en sanidade, educación ou dependencia,  fiscalidade regresiva coa suba do IVE para os de abaixo  e regalos ou paraísos fiscais para  ós poderosos; pero sobre todo o atraco da débeda soberana cunha sangría de intereses espoliadora.

Para esta faena en España o poder financeiro conta cos seus esbirros políticos de ámbito estatal (PP, PSOE ou UpyD) e  conta tamén con partidos nacionalistas social e descaradamente afíns como CiU ou PNV. Hai outros nacionalistas máis ambiguos, como poden ser ERC en Cataluña ou o BNG en Galicia na súa época do goberno bipartito 2005-2009.
A clase obreira mundial en toda  a súa diversidade está sendo vítima dun saqueo por parte dos poderes financeiros multinacionais. 
Loxicamente estas agresións xeran resistencia. Hai moitos anos que non se vía en España unha mobilización social tan xeralizada e persistente.  Esta loita social está producindo un enorme desgaste nos partidos sostedores do bipartitismo imperfecto que xestionou nos derradeiros trinta anos o sistema que agora entrou en barrena.

Para desarmar a resistencia, o poder imperialista recorta canto pode as vías de intervención democrática, de irrupción do poder popular.  De aí a lexislación electoral española, de aí o deseño da UE trazado as costas do pobo,  de aí o golpe de estado constitucional  perpetrado polo PP e PSOE no verán de 2011 e diversas coalicións  sistémicas ensaiadas en Italia ou Grecia.

O poder financeiro teima con  poñer de xeonllos a estes estados, sexa mediante a débeda soberana, sexa co  entramado da UE, algo similar ó ALCA americano - rexeitado polos países do eixo bolivariano -  sexa co golpe constitucional español. Si pese a esta batería de medidas, algún estado descarrila das  pretensións imperiais, entrariamos noutra fase de agresión que pode ir dende o  bloqueo económico ata a agresión militar directa coma en Cuba ou Siria.

No camiño de construción da alternativa de clase fronte ó capital o tema nacionalista debe ser ben tratado, para que actúe como un elemento potencialmente positivo.
Interactúan a día de hoxe en España tres nacionalismos que describiremos sinteticamente.

Nacionalismo español
Por un lado temos o tradicional nacionalismo español, fortemente asentado logo de cincocentos anos da unificación fernando-isabelina. Houbo episodios de ruptura e secesión, pero nos dous séculos derradeiros o estado español foi o marco territorial das grandes loitas da clase obreira, loitas nas que  os núcleos cataláns e vascos, xunto coas cidades máis industrializadas de España foron barricadas de primeiro orde.  A coordinación das loitas actuais contra os ditados da troika e recortes sociais está funcionando principalmente nese marco, sen excluír coordinacións doutro nivel autonómico ou municipal. Ocorre así por canto os núcleos das decisións agresivas atópanse no aparello central do estado español.  Os líderes neoliberais acostuman a disculpárense  co mandato da UE, pero  a verdade é que, con  vontade política,  a soberanía dos actuais estados é ampla e a presión popular decide.
O problema é que a soberanía do estado español, limitada dende sempre polos intereses das clases dominantes, está postrada ante o poder financeiro multinacional imperialista defendido  por EEUU,  a UE e a OTAN.  Por iso o patrioterismo españoleiro do franquismo e dos seus herdeiros constitúe  unha grande tomadura de pelo ó pobo español.

Nacionalismo europeo
Existe tamén un certo nacionalismo europeísta construído por impulso e para maior gloria dos intereses capitalistas multinacionais que oprimen descaradamente ós pobos da UE. Tense dado intentos sindicais de confluencia europea das loitas obreiras e dalgunha  formación política coma o EL[1] (Partido  da Esquerda Europea), cuestionadoras do neoliberalismo e das políticas de austeridade, pero que non pasaron do simbólico, xa que varias circunstancias, como importantes diferenzas de estratexia política e o propio deseño antidemocrático da UE, impiden que este sea un marco adecuado para coordinar loitas políticas masivas a ese nivel.
O nacionalismo europeísta, dende a perspectiva obreira parece máis unha boutade que unha necesidade estratéxica. Como ben resume o Roto nun cadro recente ó sentimento que máis une actualmente ós europeos é o euroescepticismo.
Sin descartar futuras e posibles accións de coordinación de loita a nivel europeo, a clase obreira sabe que o poder real de decisión está nos gobernos dos estados actuais e cara alí dirixe os seus escraches.
Concordando en que a UE funciona como a gran escusa dos políticos mercenarios neoliberais,  sendo pois unha estrutura inimiga das clases populares, o debate na esquerda anticapitalista, está situado actualmente en sopesar as vantaxes e inconvenientes da continuidade ou saída unilateral da UE por parte de cada país, así como as condicións e o momento máis adecuado para cada opción.

Nacionalismos periféricos
Ó longo do s. XIX[2] fóronse desenvolvendo os nacionalismos periféricos catalán, vasco ou galego, entre outros, auspiciados polas pequenas burguesías respectivas na procura de colocárense en posición de forza para tratar coa burguesía centralista.
O resultado actual é o dun estado español sobreposto a nacionalidades e comunidades nas que perviven culturas, idiomas e sentimentos  de identidade diferenciados. Sentimentos máis ou menos acentuados en función da diferenciación idiomática e outras condicións históricas  e xeográficas.
Sobre esta base xurdiron  os actuais  partidos nacionalistas que, cunha especial implantación en Euskadi, Cataluña ou Galicia, priorizaron o debate sobre o tema soberanista.

Os posicionamentos respecto dos diferentes nacionalismos son diversos no seo da esquerda, constituíndo un elemento de división interna polo que compre consideralo ben,  para a construción da alternativa anticapitalista. 
Os dous nacionalismos que perviven con puxanza en España son o españolista e os periféricos.  Ambos con raíces históricas e sentimentais fortemente  ancoradas.

A posición marxista sobre o nacionalismo
No Manifesto Comunista sitúase como obxectivo do proletariado a súa propia emancipación fronte á burguesía, para exaltarse a sí mesmo como clase nacional nun sentido contrario ó da burguesía.
Afirma J.Mª Laso[3] que para Marx e Engels a cuestión nacional non e máis que un problema subalterno que debe supeditarse ó interese do movemento obreiro, rexeitando ambos autores a xeneralización absoluta do dereito de autodeterminación, por canto nalgúns casos podería ser favorable e noutros reaccionario. Sobre esta base introducirían respecto da cuestión irlandesa o concepto de “nacións oprimidas” e “nacións dominantes”, considerando que en casos de opresión nacional as loitas de emancipación da clase obreira e de liberación nacional poden converterse en solidarias e complementarias.
Entendía Lenin que o  dereito de autodeterminación equivale unicamente o dereito a independizarse das nacións[4]. Segundo Stalin unha nación en determinadas condicións pode non desear independizarse, exercendo o dereito de autodeterminación baixo a forma de autonomía[5].

Para Lenin “a clase obreira é a que menos pode facer un fetiche do problema nacional, porque o desenvolvemento do capitalismo non esperta necesariamente a todas as nacións a unha vida independente”[6]
Dende similares posicionamentos, xa no século XX, Stalin[7] concluirá na necesidade de apoiar os nacionalismos antiimperialistas e rexeitar os nacionalismos  que ocasionan división da clase obreira.

Realidades e sentimentos
Polo que respecta a Cataluña, Euskadi ou Galicia, parece difícil admitir a súa caracterización de colonias ou vítimas dunha relación imperialista co estado español.
Cataluña e Pais Vasco veñen rexistrando unha renda per capita  superior á media española, polo que poderase falar de "opresión nacional" no que respecta o tema cultural ou idiomático, pero non así de opresión económica de tipo imperialista.  Pensemos que cando alguén gana outros perden.
Tampouco a situación de Galicia, inda cunha renda per cápita inferior á media española ó igual que outras rexións, cabería cualificala como dunha dependencia colonial ou imperialista. Os desequilibrios de desenvolvemento explícanse suficientemente e mellor pola dinámica do sistema capitalista e a opresión centralista.
Ten sentido ligar os sentimentos nacionalistas e de clase en situacións de agresión imperialista como en Cuba, Venezuela ou Siria, pero constitúe un puro idealismo sen base  material suficiente intentar  aplicar o mesmo esquema ás nacións ibéricas respecto do estado español.

O movemento pequeno nacionalista en España, non disgusta ó poder financeiro multinacional. Polo contrario axuda a debilitar o estado español que perciben como un aparato de dominación excesivamente custoso pola inflación do gasto dirixo á lexitimación do sistema, os servizos sociais que prefiren privatizados (policía, exército, sanidade, educación, dependencia, pensións, prisións).
Agrada a sectores da burguesía local e da aristocracia obreira que, replicando no ámbito nacionalista o seu espíritu pequeno empresarial, aspira a interlocucionar co poder imperial directamente, sen a intermediación da burguesía española. Poñen como modelos determinados paraísos fiscais, pero non lles importa que sean responsables do expolio dos pobos polas burguesías evasoras.  Apoiaron a secesión de Kosovo, sin importarlles que pasara a ser unha base da OTAN onde campa a mafia e o proxenetismo.
Si coa independencia dalgunha das nacións periféricas se derrubase, por exemplo, o actual sistema de pensións na España restante e na pequena nación que se independiza, ¿qué lle importa a estes burquesiños que poden pagar un sistema privado?.

Temos, pois, unha realidade obxectiva e temos por outra parte as percepcións subxectivas e os sentimentos. Sentimentos que son en grande parte procesos aprendidos, froitos de base material real ou imaxinada; de clase propia ou de inseminación allea. 
Grande parte do pobo español creceu e foi alimentado con sentimentos de pertenza comúns, pero tamén moitos traballadores das pequenas nacións  e rexións españolas sustentan sentimentos de pertenza ó seu pequeno país.

Conclusión
O dereito de autodeterminación, o dereito a decidir, non se vota, exércese.  Cada nación das que compoñen o estado español decidirá sobre a súa independencia cando lle pareza, merecendo o respecto xeral.  Mentres tanto, todo o debate soberanista, co dereito a decidir como capa, estalle servindo ás burguesías española e das pequenas nacións para torear á clase obreira do seu obxectivo prioritario:  a liberación de clase. Nesta batalla de ideas a esquerda marxista debe lucir cun perfil propio, desmarcándose claramente do xogo independentista e do referendismo fraccionador da clase por carencia dun consenso nacional independentista previo e suficiente. 

Afrontar a loita obreira popular contra o saqueo financeiro, contra os recortes socias, construíndo un poder alternativo da clase obreira, esixe todas as enerxías da esquerda. Sobre esta base interesa a converxencia coas organizacións nacionalistas diversas que asuman o anticapitalismo.

Ningún proceso constituinte para unha alternativa socialista de loita e de goberno se pode articular enfrontando á clase obreira con discordias burguesas, tirando pola borda os logros conquistados coa loita obreira e popular común,  os sistemas públicos de pensións, sanidade,  educación  ou dependencia.
A mellor estrutura estatal capaz de compaxinar as diversas identidades é un estado federal multinacional, republicano e socialista anticapitalista, no que se respecten os sentimentos culturais e nacionais, sexan de pequena ou grande nación, cunha estrutura de competencias claras e blindadas.

O gran problema para a clase obreira é dotarse dunha opción política capaz de dar unha saída  anticapitalista a actual situación, porque a mobilización social sen alternativa política ten un recorrido  curto.  A día de hoxe a estrutura mellor posicionada a nivel de estado para actuar como aglutinante de dita alternativa é IU, con todas as eivas, insuficiencias e contradicións que a conforman, sempre que se desmarque claramente do soberanismo pro independentista.

Con tódolos respectos é moi importante non confundir. O principal sentimento e identidade que debemos cultivar os marxistas é o interese de clase, auténtica patria grande da clase obreira,  dende os tempos do manifesto ata o horizonte comunista que a razón añora.

* Román  Alonso Santos. Coordinador comarcal de Esquerda Unida en Vigo.



[1]    http://www.european-left.org/
[2]    http://www.historiasiglo20.org/HE/11a-3.htm
[3]    J.Mª Laso. Op. Cit.
[4]    Lenin (1914). El derecho de las naciones a la autodeterminación. http://www.marxists.org/
[5]    Stalin (1925).Discurso en la Comisión Yugoslava de Comité Ejecutivo de la Internacional Comunista. Citado por J. Mª Laso (1999) . El derecho a la autodeterminación. UTOPIAS, nº 181-182.
[6]    Lenin . Op cit. En J.Mª Laso.
[7]    Stalin (1913). El marxismo y la cuestión nacional. http://www.marxists.org/

jueves, 2 de mayo de 2013

martes, 30 de abril de 2013

Corea Democrática rechaza dialogar bajo presión

Corea Democrática rechaza dialogar bajo presión (máis...)

sábado, 26 de enero de 2013

Sigue avanzando el Gobierno Mundial

Por Adrián Salbuchi
El proceso clave que permite comprender cómo funciona realmente el mundo de hoy lo vemos en la creciente privatización del poder a nivel global. Se ha vaciado a las estructuras públicas tradicionales agrupadas en torno al Estado nacional soberano de su poder, para transferirlo y concentrarlo en organizaciones privadas de diverso tipo. Entes privados numéricamente pequeños pero extremadamente poderosos desde el punto de vista de su influencia en todos los ámbitos y su capacidad para imponer su voluntad sobre el mundo entero.

Texto completo en: http://actualidad.rt.com/expertos/salbuchi/view/84289-sigue-avanzando-gobierno-mundial
El proceso clave que permite comprender cómo funciona realmente el mundo de hoy lo vemos en la creciente privatización del poder a nivel global. Se ha vaciado a las estructuras públicas tradicionales agrupadas en torno al Estado nacional soberano de su poder, para transferirlo y concentrarlo en organizaciones privadas de diverso tipo. Entes privados numéricamente pequeños pero extremadamente poderosos desde el punto de vista de su influencia en todos los ámbitos y su capacidad para imponer su voluntad sobre el mundo entero.

Texto completo en: http://actualidad.rt.com/expertos/salbuchi/view/84289-sigue-avanzando-gobierno-mundial
El proceso clave que permite comprender cómo funciona realmente el mundo de hoy lo vemos en la creciente privatización del poder a nivel global. Se ha vaciado a las estructuras públicas tradicionales agrupadas en torno al Estado nacional soberano de su poder, para transferirlo y concentrarlo en organizaciones privadas de diverso tipo. Entes privados numéricamente pequeños pero extremadamente poderosos desde el punto de vista de su influencia en todos los ámbitos y su capacidad para imponer su voluntad sobre el mundo entero.

Texto completo en: http://actualidad.rt.com/expertos/salbuchi/view/84289-sigue-avanzando-gobierno-mundial
El proceso clave que permite comprender cómo funciona realmente el mundo de hoy lo vemos en la creciente privatización del poder a nivel global. Se ha vaciado a las estructuras públicas tradicionales agrupadas en torno al Estado nacional soberano de su poder, para transferirlo y concentrarlo en organizaciones privadas de diverso tipo. Entes privados numéricamente pequeños pero extremadamente poderosos desde el punto de vista de su influencia en todos los ámbitos y su capacidad para imponer su voluntad sobre el mundo entero.

Texto completo en: http://actualidad.rt.com/expertos/salbuchi/view/84289-sigue-avanzando-gobierno-mundial

jueves, 24 de enero de 2013

O PSUC-viu rexeita a declaración soberanista aprobada no parlamento catalán

El PSUC Viu rebutja la declaració “sobiranista” presentada pels grups parlamentaris de CiU, ERC i ICV-EUiA, i aprovada pel Parlament aquest 23 de gener de 2013. (máis...)

 Ao vivo PSUC rexeita a afirmación "soberanía" grupos parlamentarios da CiU, ERC e ICV-EUiA e aprobada polo Parlamento este 23 de xaneiro de 2013.Elementos positivos, a inclusión da declaración ICV-EUiA elementos mellorou con respecto á primeira proposta da CiU e ERC. Especificamente:1) Nós garante a mellor pluralidade de opcións cando se trata de establecer a relación entre a Cataluña e España2) É o Parlamento, e non o goberno, o papel clave no proceso de desenvolvemento do dereito a decidir. En calquera caso, nós cremos que debe ser de toda a sociedade a se involucrar no debate, non só Parlamento.Con todo, o texto presenta outros elementos que xustifican a nosa oposición.En primeiro lugar, é a cohesión social dentro do proceso, que é totalmente contraditorio ao punto de que o goberno pacto asinado recentemente CiU e ERC. A proposta non se afondar na estrada e cortes antidemocráticas e distribución constante de riqueza en favor da empresa excedente, son completamente antagónica a calquera deseño mínimo de cohesión social. En vez diso, o que está causando un racha social de proporcións históricas no noso país. Polo tanto, cremos que o texto non ten credibilidade neste momento, como CiU ten practicado plenamente, e pretende continuar a facelo (co apoio da ERC) políticas contrarias á cohesión social que aparecen no medio do soberanía declaración.Ademais, a resolución non cuestionar os neoliberais principios do libre mercado que se funda a UE, polo contrario. Non podemos aceptar sen cuestionar o modelo económico europeo, que en realidade é a medula da crise actual, e esixir tamén o dereito a decidir sobre o que queremos da UE.Cremos que o grupo parlamentario do ICV-EUiA debería arquivada o dereito a decidir sobre as súas propias políticas e elementos sociais son complementarias e están totalmente garantido, o que non é compatible con calquera segundo CiU. Ademais, nestes tempos de CiU debilidade pechada, con constantes disputas internas e corrupción flagrante, non parece axeitado para dar osíxeno ao goberno sobre unha cuestión tan crucial con iso.O dereito de opción, o dereito á autodeterminación, sempre dixemos na tradición do PSUC é indiscutible e irrefutábel. Parlamento manifestou outras veces shiping. Agora, debe ser reafirmado. O uso do termo soberanía foi a trampa que algúns (CiU e ERC) e outros caeron (PSC). Chamamos todos para superar esta trampa e facer o dereito de decidir o elemento unificador das aspiracións nacionais, no momento, ademais dos intereses inmediatos da actual coalición.PSUC vidas en liña co programa de ICV-EUiA, reafirma o seu compromiso co federalismo ea República plurinacional como un modelo de Estado. A autonomía do Estado e actual marco constitucional debe ser superado no proceso de ruptura democrática que recoñece e garante o dereito a decidir todos os dereitos sociais.PSUC vive compartir plenamente o obxectivo expresado pola coalición ICV-EUiA movemento en dirección a un dereito de decidir que engloba dereitos nacionais e os dereitos sociais. Non quero estar nun papel que podería ser violado polo actual goberno, a partir da data da súa aprobación por políticas que afondan as desigualdades sociais, que realmente expresan a crise de lexitimidade democrática en que nos atopamos.

viernes, 18 de enero de 2013

Televisión Española miente para ocultar que España sigue impidiendo viajar a población cubana

Nos quieren hacer creer que el verdadero problema en Cuba para viajar no era la negativa sistemática de visado por parte del Consulado de España y otros estados, sino los trámites cubanos que, aunque lentos, culminaban en un 99,4 % de aprobaciones.(máis...)