vc


Este sitio emplea cookies de Google para prestar sus servicios, para personalizar anuncios y para analizar el tráfico. Google recibe información sobre tu uso de este sitio web. Si continúas utilizando este sitio web, se sobreentiende que aceptas el uso de cookies.

martes, 19 de noviembre de 2013

CARMEN IGLESIAS NA CARROZA MEDIÁTICA


Por Román Alonso Santos*
Afirma Inma López Silva na súa columna da Voz de Galicia do pasado día 15, respecto de Carmen Iglesias Sueiro, que nunha multitude idiotizada – refírse a AGE- sempre hai un neno clarividente – refírse a Carmen - disposto a demostrar que o rei vai espido”.
Inma non debía estar moi segura do que dicía, porque advírtenos previamente que ela é escritora e non parlamentaria.
Por miña parte, sin ser escritor, véxome animado a redactar algo de sentido diferente.

Empezarei contextualizando que Inma súbese a carroza florida na que certos medios auparon á política ourensana - da que segundo Inma ¡ninguén fala! - acompañándoa con certas coplas. Nunha estrofa argumental preséntase a Carmen como unha vítima dun perverso sistema no que os partidos políticos – todos sen distinción- funcionan coma unha especie maquinarias inhumanas que asoballan dereitos persoais, sempre magnánimos.
Non se aclara que Carmen é unha simple tránsfuga que se desvincula da disciplina da formación política, Esquerda Unida, gracias á cal se colocou de número dous na candidatura por Ourense. Que o fai por motivos tan pouco desinteresados como aumentar os seus ingresos cunha boa paga de deputada ou darlle pábulo ó seu ego.

Na seguinte copla insinúase que AGE presentouse coma unha especie de alternativa antisistémica e agora demostraríase que non é máis que un partido máis, estariamos ante “una pérdida brutal de la inocencia del llamado frente antisistema”. Que polo tanto debe pedir perdón por ter acusado ós demáis de certas perversidades inespecificadas.
Especifiquemos nós que AGE presentouse nas eleccións non como anti-partido, senon como anti- sistema capitalista, porque sabemos, coma todos os que saben do asunto, que a crise que padecemos, coas secuelas de paro e mortes anticipadas, non é duns politicos corruptos, inda que tamén, senon do propio sistema capitalista inicuo en sí mesmo.
A diferencia de AGE respecto dos demáis partidos do arco é a priorización dos intereses da clase obreira de do pobo en xeral fronte ás privatizacións, recortes sociais e caciquismo. Nese camiño está o léxítimo acordo unitario de coalición, que toda militante cabal debe aceptar disciplinadamente.

Nunha terceira estrofa considérase un caso de corrupción imperdonable que o deputado ourensán Fernández Calviño se desprazara a traballar a Dinamarca, mantendo a acta de deputado e perdendo lóxicamente gran parte dos seus honorarios, inda que provisionalmente, mentras se intentaba que Carmen desistira da súa teima.
A veces critícase que moitos politicos o sean profesionalmente, coma unha especie de desertores do traballo normal, e agora que un deputado pode simultanear traballo e parlamento, temos un rasgamento de vestimentas: que si defrauda ó electorado, din os que non o votaron, como se os votantes de AGE preferiran no parlamento a unha tránsfuga; que si debe patear a provincia, como si as estructuras de AGE non o fixeran, coma si non existira internet.
Aproveitando que a carroza pasa cerca da sua casa, o BNG reclama a acta de concellal de Calviño, equiparando o transfuguismo cunha excisión partidaria e o PP intenta xustificar a súa reducción dos membros do parlamento.

Non sei si con estas notas de réplica queda máis claro quén está espido, espida ou radiografiada nesta historia, si Carmen, si AGE ou certo periodismo. Pode que Carmen sexa a máis lista da coalición, pero con xente únicamente lista non se constrúe unha sociedade máis agradable. Listos tamén son os banqueiros que saquean ó pobo coa colaboaración imprescindible dos partidos do sistema e xa vemos por onde nos levan. Para cambiar o mundo precisamos xente boa, xenerosa, solidaria e fiable.

* Román Alonso, ex-coordinador comarcal de Esquerda Unida en Vigo.

domingo, 17 de noviembre de 2013

El dilema imposible de la socialdemocracia europea

La tradición socialdemócrata suele defender, una vez abandonado el objetivo del socialismo, que es posible vivir bajo un capitalismo de rostro humano. (máis...
)

jueves, 14 de noviembre de 2013

Maduro cumple: golpea a la burguesía vendepatria

¿Se ha vuelto loco el presidente de Venezuela Nicolás Maduro al ordenar la drástica rebaja de los precios de infinidad de productos, intervenir cadenas de tiendas, detener gerentes especuladores y asignar a la guardia popular la misión de cuidar el orden de esta operación? (máis...)

sábado, 9 de noviembre de 2013

CARMEN IGLESIAS SUEIRO, TRÁSFUGA INTERRUPTA


Por Román Alonso
A negociación para a constitución de AGE fíxose contra reloxio en setembro de 2012. Un pacto destas características entre EU e ANOVA requiría un tempo, porque nas organizacións democráticas compre explicarse ben internamente, non can os acordos coma a chuvia. Para que unha proposta prospere no Consello Político Nacional de EU, compre convencer; en ANOVA que inda non tiña vai un ano as súas estructuras organizativas tan estructuradas, máis do mesmo. Un dos motivos do PP para adiantar as eleccións foi impedir que o pacto de AGE puidera levarse a cabo.

Nos estatutos de EU esíxese ademáis un referendum interno que se realizou a toda presa, porque os prazos legais para presentar a candidatura ante a xunta electoral eran perentorios.
Toda a militancia de EU sabiamos, cando votamos que na confección das listas intentábase un equilibrio ó 50% entre EU e ANOVA. Logo os resultados electorais reais alteraron lixeiramente este equilibrio. Carmen Iglesias sabíao cando votou a candidatura.

Os estatutos de Esquerda Unida establecen que os cargos públicos pertencen á organización e non as persoas particulares que os desempeñan. Entre os deberes de calquera afiliada-o indícase o de manter permanentemente calquera cargo público ou responsabilidade orgánica a disposición do órgano polo que foi elexida. Os candidatos e candidatas de EU foron aprobados-as polo Consello Político Nacional, o mesmo que agora lle pedíu que cedera o posto.
Carmen Iglesias sabíao cando aceptou ir de candidata por EU.

Desentenderse dos seus deberes en relación coa organización política que lle facilitou o acceso a unha cargo público chámase transfuguismo.

EU e AGE, de común acordo, deben intentar impedir que se consume este descolgue dunha candidata respecto dos seus compromisos persoais e políticos. A lexislación electoral vixente e a normativa do parlamento galego, elaboradas polo PP, permiten e non impiden que un deputado teña a súa residencia fora de Galicia, que compatibilice o seu traballo coa súa laboura parlamentaria.

Polo tanto é moi probable que poida interrumpirse un delito político de transfuguismo, bocinado e bendecido a todo watio por certas industrias da información e políticos oportunistas que babean inquina e mexan auga bendita de preocupación pola merma de adicación de David ó desempeño como deputado.

Así pois, sentimos moito que non se cumplan os seus desexos destructivos sobre AGE, poden vostedes berrar, patexar e coucear, pero en EU e AGE non mandades, porque a nosa vida é nosa e da xente que nos deu a súa confianza.

Dito isto, envíolle un sinceiro saúdo a Carmen Iglesias e a miña solidariedade no persoal, xa que no político errou, porque malos dias témolos calquera.

Galicia, 10-11-2013

viernes, 8 de noviembre de 2013

"CCOO no ha cometido ninguna ilegalidad ni hay indicios de enriquecimiento personal de ningún responsable sindical"

El sindicato presenta las conclusiones de la Comisión de Investigación interna sobre los ERE fraudulentos en Andalucía (máis...)